A idea:
Despóis de moitas voltas gastronómicas e persoais, desexabamos por en marcha un proxecto moi especial, con corazón y cociña.
Entre bromas e risas, entre empanadas e croquetas, naceu este proxecto gastronómico que pretende achegar a esencia da cociña galega, esa cociña feita con amor e bo produto, como a que facían as nosas avoas, a outros lugares máis afastados de Galicia.
Contarvos que este proxecto nace da complicidade de dúas irmás con ganas de gozar de novo da vida, do traballo e da cociña e compartila con todos vós. Dedicado aos que teñen morriña e aos que a terán despois de probar estes produtos…
Esperamos que vos guste o proxecto, de momento, agradecemos o voso tempo .
Selo de Calidade:
Todos os ingredientes das nosas receitas son de primeiras calidades e as elaboracións artesanais, o que confire a estas receitas un selo de identidade único que nos diferencia.
O millo das nosas empanadas, igual que outros produtos da horta como os grelos, pementos ou tomates é de cultivo propio.
Para obter a fariña, base das nosas empanadas, moemos o millo en muíño de pedra antes de cada elaboración.
Un dos segredos do éxito das nosas empanadas é a masa, receita familiar e amasado manual con rodete.